FOTOGALERÍA | Os Farrumecos adiantáronse ao petardazo de Xinzo

Os Farrumecos de Sobradelo inauguraron o Entroido na Limia facendo algunha que outra falcatruada. | FOTOS: Cedidas.

A figura do Farrumeco é un dos personaxes tradicionais do Entroido na aldea de Sobradelo, no Concello de Xunqueira de Ambía, inda que tamén son figuras que saen nos entroidos de Vilar de Barrio e Baños de Molgas. Recuperado xa dende o 2013 comezou a saír ás rúas oficialmente no 2017.

Vestidos de maneira característica e cunha máscara artesá feita a man, os Farrumecos adoitaban saír cos Felos. Así nolo explicaba Rochi Novoa.
 

 

Este ano, a organización do Entroido de Sobradelo agradece ao CEIP Padre Crespo a súa implicación polos Farrumequiños presentados, tamén ao Concello de Xunqueira de Ambía pola súa colaboración. O sábado saíron ás rúas inaugurando o Entroido na Limia e facendo algunha que outra falcatruada durante a festa.