A industria que reinventa a natureza na Limia

As areeiras, ese espazo onde empresas de áridos extraen materia prima para a construción, ocupan unhas 300 hectáreas de terreos que se escavan e despois fican anegados pola auga, creando un novo hábitat para anfibios, aves e mesmo peixes. A cámara de Noelia Caseiro percorreu esa zona híbrida entre industria e natureza, polos camiños trazados polo transporte de area e entre as charcas onde medra a vexetación de ribeira e aniñan distintas especies. Auga e area que se misturan para despois ocupar cadanseu lugar.