FOTOGALERÍA | A gastronomía da terra tamén foi protagonista na Festa Popular de Baltar
07 de agosto de 2023 (13:08 h.)
Un menú centrado nos produtos da terra e o porco ó espeto centraron a oferta gastronómica da XIII Festa Popular de Baltar. As numerosas persoas que asistiron á xornada tamén participaron nos xogos tradicionais, mentras a cativada aproveitaba as actividades acuáticas para refrescarse.
A exposición do concurso medioambiental "Stop incendios" tivo unha grande acollida, como reclamo e concienciación ante o grave problema dos lumes na provincia. Nela podíanse ver traballos realizados por un cento de rapaces de entre tres e doce anos.
Ó longo da xornada, co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables, a organización premiaba a todas aquelas persoas que, de xeito voluntario, fixeran un control de alcoholemia e deran negativo.