#FESQ22 🐺 | Centos no primeiro desfile
20 de agosto de 2022 (09:05 h.)
O desfile inaugural da edición XXI da Festa do Esquecemento congregou centos de castrexas e romanas, e centos de persoas máis nas rúas de Xinzo nunha noite suave na que se prendeu o lume sagrado e os grupos lanzaron os seus desafíos. Na marcha, que transcorreu áxil (apenas media hora entre o Toural e a praza Carlos Casares) destacou a marcialidade romana, que suma novos grupos e moita mocidade. Castrexas e castrexos meteron moita bulla. As forzas están equilibradas para os desafíos destes días. O Esquecemento está de volta.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.