#FESQ22 🐺 | Décimo Bruto cruza o Lethes e vence aos castrexos

O cruce do río Lethes volveu xuntar ás beiras do río a numeroso público. A lenda, teatralizada por Manuel Fontemoura, puxo en escena baixo a calor da tarde e entre o fume (artificial) que representaba as brétemas do río do Esquecemento. Décimo Bruto venceu o medo, cruzou o Lethes e someteu aos castrexos. O cruce, a batalla e a disputa entre os xefes do bando romano e do bando castrexo, no Toural, elevaron o espectáculo do Esquecemento no día grande, antes de que o campamento (e o mercado) se encheran como nunca nos dous días anteriores. A Festa rematou no máis alto, xusto antes do desfile de despedida, entre aplausos da xente, e o apagado do lume desta noite.

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro