#FESQ22 🐺 | O desfile do adeus
22 de agosto de 2022 (15:51 h.)
O desfile do adeus ao FESQ22 fíxose no sentido contrario aos dos días anteriores. Rematada a batalla, asinado o pacto de convivencia, romanos e castrexos volveron tomar ao son dos tambores as rúas de Xinzo. Foi máis cedo tamén, houbo máis público. Ao remate, aínda día, a xente continuou a troula polos viños. No campamento programouse un espectáculo de danza e lume como peche da xornada. Antes, pola mañá, as vestais oficiaron os bautizos na praza de Xoán XXIII. Vai habendo relevo. O Esquecemento, a Festa, volverá dentro dun ano. Antes, O Esquecemento tratará de facerse ver na vida cultural da Limia.
📷 Noelia Caseiro.