#FESQ22 🐺 | Gladiadores na Praza Maior

Era unha das novidades da edición deste ano, e houbo público e espectáculo. Catro gladiadores romanos disputaron na praza vaios combates con espadas e escudos, algunha lanza e as súas mans e pernas. O espectáculo volverá a se representar esta tarde (19:00 horas) no mesmo escenario. A Festa vai espallándose polo cento de Xinzo. Pasará co desfile das oito, e coa gran cita do día: Pelepau, ás 23:30 na Carlos Casares.

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.