#FESQ22 🐺 | Romanas lucidas, castrexas afoutas
21 de agosto de 2022 (10:59 h.)
O desfile do sábado fíxose de tarde, con boa luz, excelente temperatura e moito público ao paso dos grupos de romanas e castrexas, que desta volta intercambiaron posicións. Saíron primeiro os romanos co Décimo Xuño, a raíña e as vestais á fronte, a impoñente lexión lucense e o ritmo da Achicoria e a Percussio Praetoria. Viñan as mozas e mozos lucindo galas, traxes coidados, sorrisos vergoñentos entre o aplauso da xente. Viñan os castrexos a paso lento. Moi xuntos, algo tímidos ao principio, mais desatados xa na praza. Gaitas e pandeiretas para acompañar aos clans que regresaron cedo ao campamento. Hoxe chega a batalla. O escenario do Limia está listo. Despois, haberá desfile, o último deste ano.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.