FOTOGALERÍA | Os anos 50 reviven en Xinzo coa Feira das Mozas 2022

A Feira das Mozas animou Xinzo este sábado de feira, a primeira do ciclo que avanza o verán. Como estaba previsto, houbo animación -tres grupos de gaiteiras e gaiteiros- desde o mediodía, cando escampou. Porque o sábado amañeceu en metade dunha tormenta en Xinzo. Despois chegaron os paseos, os viños, as visitas á exposición na praza Maior, que volveu sentirse o centro da feira pola tarde, coas rúas engalanadas con bandeiras de cores e un poste na praza do que penduraban as luces. Á noitiña celebrouse a verbena. Con ritmos e cancións como os de hai 70 anos, e grupos convidados á vila. A Feira das Mozas promete volver para quedarse, nun formato actualizado á época.

FOTOS: Noelia Caseiro.