FOTOGALERÍA | Entramos na casa de Antón Tovar

Este sábado, da man da familia do poeta limiao Antón Tovar (Pereira, Rairiz de Veiga, 1921 - Ourense, 16 de xuño de 2004), un grupo de visitantes, entre os que se encontraban as alcaldesas de Rairiz, Asunción Morgade, e Xinzo, Elvira Lama, e destacados representantes do PSOE, como Rafael Villarino, secretario provincial socialista, e do BNG, Bernardo Varela, deputado provincial nacionalista, un grupo de persoas puido coñecer a casa de Tovar na Pereira. É unha casa grande, con móbeis da época, entre eles un escritorio que din que pertenceu á familia de Vicente Risco. O despacho de Tovar está xusto na entrada, na planta baixa. É unha estancia pequena e austera desde onde o poeta recreou os mundos limiaos. A familia quere que esta casa se restaure e se converta nun espazo de referencia para a cultura do país. Ademais, o acto tamén serve para reclamar ese recoñecemento oficial da obra de Tovar para o que se reclama xa o próximo Día das Letras.


Cando os meus ollos tristes se apaguen nos sombrizos
soutos nos que algún día terán de se apagar,
han de chorar os meus ollos por tódolos feitizos
dista pomba de terra que en min anda a arrolar
ANTÓN TOVAR