FOTOGALERÍA | Foliada Antelana para recibir o verán bailando
26 de junio de 2022 (21:23 h.)
A Foliada Antelana, malia o frío, completou a súa cuarta edición baixo a carpa situada na explanada do pavillón. O sábado houbo festa desde o mediodía (títeres e vermú cos Viqueiras), despois da xantar, os obradoiros; e xa de tarde, Foliadiña Pequena e Foliada Aberta para rematar o día. O Casino despediu o curso postpandémico da mellor maneira posíbel. No outono comezará outro ano para continuar o labor de recuperación dunha tradición musical e festiva que perdeu arraigo nesta parte do país, pero que loita por se volver asentar. A Foliada Antelana é xa unha referencia en Ourense.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.