FOTOGALERÍA | As Letras 2022 en Xinzo
Xinzo de Limia celebrou o Día das Letras Galegas 2022 con libros na rúa, a entrega dos galardóns ás nenas e nenos premiados no concurso de contos Carlos Casares, e coa presentación dun libro de ficción sobre a desecación da Lagoa de Antela nos anos sesenta do século pasado. A festa da lingua rematou na praza cun acto social, a presentación desta última obra de Rafael Laso, na que se reivindicaron a importancia da cultura propia e a necesidade da conservación do medio natural, como legados a transmitir ás seguinte xeracións. A intención está sempre presente nos discursos, na práctica cotiá ás veces esa responsabilidade non se ve por ningures. A figura de Delgado Gurriarán e o papel do exilio galeguista en México na preservación e transmisión (e innovación, Vieiros) da cultura e do galeguismo político, os dous leitmotiv da celebración deste ano, tampouco apareceron moito, nin sequera nos discursos.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro