FOTOGALERÍA | O museo perdido de Carlos Casares en Xinzo
24 de julio de 2022 (10:40 h.)
Estes días que abre o MUGAE, as visitantes teñen ocasión de descubrir o museo oculto de Carlos Casares en Xinzo de Limia. No soto do Museo Galego do Entroido, un lugar demasiado discreto para un colección de obxectos que "explica" parte do universo Casares, mesmo para un home tan discreto como o escritor limiao. Son paneis e cubos de madeira, rexos, sinxelos, ordenados, como a escritura de Casares que amosan pezas dunha vida aberta de par en par. 'O Principiño', os trens, as cámaras, as estilográficas, as fotos, moitas fotos e moitos libros, e artigos, perfís... un Casares a non perder. Un museo agochado que merece mellor sorte, como o propio MUGAE.
FOTOGRAFÍAS: Diario do Limia.