FOTOGALERÍA | A Praza da Música colle ritmo

Onte celebrouse na Praza da Música o segundo dos Concertos Didácticos, nesta ocasión para o alumnado do CEIP Rosalía de Castro. Os concertos fan parte da programación de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia. Unha programación que xa incorpora a Praza da Música como escenario habitual. Despois da reforma, a praza, entrada principal do Conservatorio, empeza a coller ritmo. "Non podemos estar máis orgullosos dos nosos músicos e de poder volver a facer estes concertos tan especiais para os nosos alumnos", comentaron desde a dirección do Conservatorio. Antes de que remate o mes, o xoves día 23, se o tempo o permite, a Praza da Música volverá acoller un concerto de músicos do Conservatorio. Atentas!

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro