FOTOGALERÍA | As tres torres da Limia
26 de abril de 2022 (08:03 h.)
Levantadas durante os séculos XI e XII, como parte de estruturas defensivas máis amplas, as tres torres da Limia (a do Castro en Sandiás, a Forxa en Porqueira e a Pena en Xinzo) forman un conxunto patrimonial que concreta a paisaxe da chaira limia. Son bens de interese cultural, cedidos polo Estado á Comunidade Autónoma, propiedade da Xunta de Galicia, e corresponden de forma preferente á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural as actuacións sobre elas.
A cámara de Noelia Caseiro captou estes días de primavera as siluetas e as cores dos muros dunhas pedras xa milenarias. Cómpre, de cando en cando, volver miralas e achegarse aos seus muros.