AUTOMOBILISMO | Kristofferson manda no Rallycross de Montalegre
17 de septiembre de 2022 (19:27 h.)
O sueco Johan Kristofferson, actual campión do mundo, gañou a final deste sábado na proba de Rallycross de Montalegre, puntuábel para o Campionato do Mundo da mobilidade. Noelia Caseiro recolleu as imaxes do primeiro día de competición nun circuíto que citou numeroso público. Este domingo celebrarase a segunda xornada, con adestramentos, series, carreiras de semifinais e final na pista de asfalto e terra.