FOTOGALERÍA | Entre o ceo e a terra
07 de julio de 2022 (18:42 h.)
As xornadas de onte mércores e de hoxe foron complicadas polas condicións do vento no alto do Larouco, na área de despegue sur. 150 homes e mulleres compiten cada tarde sobre os ceos do Barroso. O Diario do Limia asistiu as saídas de onte e de hoxe e a cámara de Noelia Caseiro capturou os instantes previos e o momento do despegue, a manobra máis arriscada xunto coa aterraxe. A semana rematará o sábado cunha manga curta contra o mediodía e a entrega de premios en Montalegre ao final da tarde. O despegue onte realizouse contra as dúas da tarde (hora española), o de hoxe atrasouse até as seis da tarde.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.