FOTOGALERÍA | Final feliz na Moreira: campións e a Preferente
15 de mayo de 2022 (23:55 h.)
Xogadores, corpo técnico e directiva celebraron esta tarde na Moreira o quinto ascenso do Antela a Preferente. O estadio presentou a mellor entrada da tempada. A chuvia respectou a tarde de fútbol. O vento non incomodou o xogo máis que de costume. O Antela sufriu máis pola importancia da cita que pola oposición do rival. Borja anotou dous goles. Joni outros dous e Pisto, o último. 5-2. Na Moreira a festa empezou dez minutos antes do final do partido. A afección ao fútbol viviu en Xinzo outro día feliz. O primeiro na postpandemia. Hoxe houbo festa. Mañá empeza outra historia. O Antela é (de novo) equipo de Preferente. #ForzaAntela
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.