FOTOGALERÍA | O Cadete A das Escolas Deportivas xa é equipo de Preferente!

FOTOS: Noelia Caseiro.

O pasado sábado 5 de abril ás 18:30 horas, o Cadete A do E.D.C. Xinzo de Limia xogou un encontro clave no Complexo Deportivo Fernández Carrera ante a Escola de Fútbol Lalín. Acompañados pola súa xente, cun ambiente cargado de emoción e ilusión, os nosos rapaces lograron a vitoria que lles deu o merecido ascenso á categoría Preferente.

Foi o premio ao traballo constante durante toda a tempada, á entrega de cada adestramento e á paixón por este escudo. A unión do equipo, o liderado do corpo técnico —Juan e Carlos— e o apoio incondicional das familias e de toda a familia das escolas fixeron posible este logro histórico.

Grazas a todos os que estivestes alí empuxando dende a bancada.

Hoxe podemos dicilo ben alto: somos de Preferente!