NOTICIAS A LIMIA | Os xogos rurais regresan máis mozos
28 de agosto de 2022 (09:53 h.)
Dez anos despois das últimas Olimpiadas Rurais, celebradas na Moreira no ano 2012, os xogos populares regresaron vizosos e con máis cativada entre un cento case de participantes onte na alameda do Toural. A intención dos organizadores, ao redor do Colectivo Ras e do CIX-CDR O Viso, non era simplemente lúdica, pretenden ofrecer á sociedade limiá un elemento máis de dinamización do rural e de recuperación da cultura tradicional. Ás citas do Entroido e do Esquecemento, ás diferentes foliadas organizadas este ano, a todas as festas de cada parroquia súmanse agora (de volta) as Olimpiadas Rurais, un outro espazo para gozar o propio e promovelo.
FOTOGRAFÍAS: Diario do Limia.