FOTOGALERÍA | De Porqueira a Pazolandia, unha viaxe cargada de diversión
27 de diciembre de 2022 (11:08 h.)
A cativada de Porqueira trasladouse na tarde deste luns ata Ourense para visitar Pazolandia, no primeiro día que abriu as súas portas tras dous anos sen celebrarse por mor da pandemia. O Concello organizou esta visita na que os rapaces desfrutaron de gran variedade de atraccións para todas as idades.
A alcaldesa, Susana Vázquez, estivo con todos os cativos antes de que collesen o bus con dirección Ourense. Lamentablemente, por outro compromiso non pudo viaxar con eles para compartir tan divertido día neste parque de atraccións que xa é unha tradición no Nadal da provincia.