FOTOGALERÍA | Cariñosa festa para despedir a Chemari, o enfermeiro de Porqueira
28 de septiembre de 2023 (12:02 h.)
Logo de décadas coidando á veciñanza de Porqueira coma enfermeiro no Centro de Saúde do municipio, José María Rodríguez Rúa (Chemari), xubílase. Onte, numerosos veciños e veciñas da localidade asistían á festa organizada para rendirlle unha cariñosa despedida.
Non podía ser doutro xeito e o lugar escollido foi o bar O Dorado, local no que Chemari tomaba sempre o seu pincho diario. Ata alí tamén acudía a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, para agasallalo cun recordo en nome do Concello e de toda a veciñanza á que atendeu ó longo dos anos.
As emocións estaban a flor de pel e foron moitas as mostras do sincero cariño que as xentes de Porqueira lle teñen ó seu, xa, ex enfermeiro.