FOTOGALERÍA | Dous conselleiros... No magosto de Porqueira
05 de noviembre de 2023 (20:33 h.)
Entre o medio milleiro de persoas que se deron cita no magosto que organizou o Concello de Porqueira estaban dous dos conselleiros do goberno galego: a ourensana Elena Rivo, titular da carteira de Promoción do Emprego e Igualdade, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, precedido dende o mediodía pola foodtruck do seu departamento.
Chourizo, costela, panceta, chocolate, bica, viño e licores -ademais das castañas- configuraron o menú dunha xuntanza popular sempre concorrida na que non faltou a homenaxe ao que fora concelleiro do municipio, José Rodríguez "Peitos".