FOTOGALERÍA | A Saínza volve ser testigo dunha nova e dura batalla entre mouros e cristiáns (II)

A batalla da Romaría da Saínza foi todo un éxito. | FOTOS: Noelia Caseiro.
Entre as autoridades presentes atopábanse o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade; o rexidor de Vilar de Santos, Antonio Míguez; ou a voceira do PSdeG-PSOE de Xinzo, Elvira Lama.
O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade.

Mouros e cristiáns víronse de novo as caras no campo de batalla de Rairiz de Veiga, onde se enfrontaron unha vez máis na Romaría da Saínza. A recreación da rendición do exército mouro e a vitoria cristiá contou cun gran número de persoas que se achegaron ata a localidade para desfrutar desta festividade.

Antes do combate, oficiouse unha misa na honra da Virxe da Mercé.