FOTOGALERÍA | Ninguén quixo perder a recuperada Feira da Pereira
14 de agosto de 2023 (12:56 h.)
A celebración da Feira da Pereira foi todo un éxito. O Concello de Rairiz de Veiga, coa colaboración voluntaria da veciñanza de Sabariz e A Pereira, recuperaba a tradicional celebración este ano e toda a veciñanza quixo estar presente e participar nas numerosas actividades programadas.
Ó longo de toda a xornada, impartíronse distintos obradoiros tradicionais, houbo actuacións musicais e postos de pan e artesanía, ademáis dunha taberna e carpa para o xantar popular.
Unha das actividades con máis éxito de participación foron os xogos tradicionais; grandes e pequenos pasaron divertidos momentos practicando xogos xa case esquecidos.