FOTOGALERÍA | A Saínza volve ser testigo dunha nova e dura batalla entre mouros e cristiáns (I)
24 de septiembre de 2023 (17:14 h.)
Mouros e cristiáns víronse de novo as caras no campo de batalla de Rairiz de Veiga, onde se enfrontaron unha vez máis na Romaría da Saínza. A recreación da rendición do exército mouro e a vitoria cristiá contou cun gran número de persoas que se achegaron ata a localidade para desfrutar desta festividade.
Antes da gran batalla, houbo moita música da man da charanga Los Támega e unha misa que se oficiou no campo de batalla, na honra da Virxe da Mercé. Pola tarde será o turno do Combo Dominicano, que porá o broche de ouro a esta romaría.