FOTOGALERÍA | O San Bieito viste loito este ano
18 de abril de 2022 (18:32 h.)
O San Bieito da Uceira de 2022 será lembrado durante anos. O día 18 de abril de 2022, o mesmo día da romaría, faleceu Manuel Fernández Vidal, o párroco de Sandiás, o home que coidou da capela, da contorna e do culto e mantivo vivo o interese cristián e comunitario pola Uceira, ese balcón á Limia. Desde alí despedírono este luns amigos e feligreses que lle tiñan preparada unha pequena homenaxe cunha inscrición que di: "Conseguiu elevar ó rango de Santuario esta pequena ermida". Un sobriño de Manuel Fernádez foi o encargado de descubrir a placa despois da misa solemne. O alcalde de Sandiás resumiu o sentir da veciñanza toda: "O San Bieito viste loito este ano".
FOTOS: Noelia Caseiro.