NOTICIAS A LIMIA | Sarreaus celebra un magosto moi caseiro
08 de noviembre de 2022 (16:04 h.)
En Sarreaus deron boa conta do magosto este mediodía. A Escola Rural de Saúde da Limia organizou hoxe a festa, na que colaboraron as Rebulideiras para poñer o seu toque gastronómico. O menú, do máis caseiro, contou cunha fornada de pan do día e ata se preparou empanada, logo xa viría a tortilla de pataca e o lacón con grelos e chourizos, para rematar con postres variados e as castañas que non podían faltar.
Máis dunha vintena de persoas se deron cita no magosto convocado no forno de Sarreaus, na que xa se anunciaba que habería moita troula. Ademais, os asistentes podían levar algún premio grazas ós sorteos que tiñan preparados.