FOTOGALERÍA | Lume novo en Xinzo e Trasmiras
24 de junio de 2022 (11:38 h.)
A chuvia respectou a celebración de San Xoán esta pasada noite. Aínda que houbo que habilitar un espazo no pavillón en Trasmiras e montar unha carpa no Polígono en Xinzo, a festa puido arrancar coa sardiñada e cea abundante. Houbo música e viño do país. Despois encendéronse as cacharelas e, malia o tempo fresco, o lume novo alampou por toda a Limia.
FOTOGRAFÍAS: Diario do Limia e Concello de Trasmiras.