FOTOGALERÍA | Últimos estralos de castañas en Porqueira, Rairiz e Xinzo

A limiá Praza do Ovo acolleu o magosto organizado pola Asociación "A Pantalla". | FOTOS: Cedida.
Ao longo do festexo repartíronse centos de racións de porco ao espeto.
Na aldea de Xocín, pertencenta á parroquia de San Martín do concello de Porqueira, non faltou a música para celebrar o seu magosto. | FOTOS: Cedidas.
E con tan boa música había que botarlle un baile.
Na aldea de San Lourenzo, tamén das terras de Porqueira, festexaron o magosto ata a noitiña. | FOTOS: Cedidas.
E non faltou a tradicional queimada.
En Paradela sentáronse ao redor das longas mesas que encheron o local social da aldea de Porqueira. | FOTOS: Cedidas.
En Rairiz de Veiga prepararon unha gande churrascada para dar de cear ás máis de 200 persoas que asistiron. | FOTOS: Xosé Lois Colmenero.
A alcaldesa, Josefa Asunción Morgade Rúa, non quixo perder a festa do magosto na súa terra.
O BNG de Xinzo de Limia tamén festexaba o magosto esta fin de semana ao redor da súa sede, no Barrio de Abaixo da vila limiá. | FOTOS: Cedidas.

As brasas volveron arder en moitas localidades da bisbarra esta fin de semana para festexar o magosto. 

A asociación "A Pantalla" organizou o seu na Praza do Ovo da vila; ademais das castañas, tiñan preparado un porco ao espeto. Tamén en Xinzo de Limia, o Bloque Nacionalista Galego celebrou un magosto ao redor da súa sede.

Nas terras de Porqueira tiveron festexos en San Lourenzo, Xocín e Paradela. Á veciñanza de San Lourenzo botóuselles a noite enriba e acabaron preparando unha queimada para botar fóra a friaxe.

E en Rairiz de Veiga montaron unha boa festa coa súa foliada á conta do magosto. Alí repartiron 150 quilogramos de costilla e 40 de chourizos entre as case 250 persoas que asistiron ao magosto.