NOTICIAS XINZO | A sega dá inicio aos traballos para o Entroido

A Asociación A Pantalla celebrou este sábado a tradicional sega nunha finca do camiño da Roda, en Xinzo. A sega é o primeiro dos traballos de preparación do Entroido, que trala malla permitirán a preparación dos fachóns que acompañarán ao colgamento do Meco. Unha ducia de veciñas e veciños recolleron o trigo que se queimará para iluminar unha das noites máis singulares do ciclo do Entroido


FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro