FOTOGALERÍA | O éxito da Ruta do Cocido de Trasmiras en imaxes
14 de marzo de 2022 (17:24 h.)
O pasado domingo tivo lugar en Trasmiras unha BTT organizada polo propio Concello de Trasmiras e a asociación BTT Nocelo á que asistiron 240 participantes que podían facer dúas rutas, de maior ou menor duración e esixencia, que percorrían os carreiros do municipio. Sabendo que o nome deste evento é o de "Ruta do Cocido" isto só podía rematar dun xeito! Un cocido no restaurante Casa César onde tamén se realizou unha entrega de premios.
Estiveches alí? Búscate nas fotos!