NOTICIAS A LIMIA | Subida da Virxe dos Remedios até o Castelo, en Viladerrei
07 de septiembre de 2022 (20:35 h.)
Os dous días da Romaría da Virxe dos Remedios comezaron esta tarde no Castelo en Trasmiras coa procesión na que os fieis levaron a Virxe até a ermida. Un cento de persoas, entre elas o alcalde, Emilio Pazos, tomaron parte na celebración, nun percorrido de máis de 40 minutos entre a igrexa, onde se celebrou unha novena, e a ermida. A chuvia respectou a procesión. Mañá continúa a romaría, cunha procesión prevista para a unha da tarde.
FOTOGRAFÍAS: Diario do Limia.