GALERÍA | 41 anos de celebración da Festa da Pataca de Vilar de Barrio
O Concello de Vilar de Barrio celebra hoxe a súa 41 edición da Festa da Pataca. Un evento que consegueu reunir a diversos veciños e veciñas da comarca ademais dalgúns curiosos extranxeiros.
Ás 12:00 horas tivo lugar a gala de inauguración da festa, presidida polo alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, xunto a diversos representantes do resto de municipios conformantes da Limia. Este ano, a festividade recibiu coma visita especial ao alcalde do Concello de Coristanco, Juan Carlos García, vila curmán no cultivo e promoción da pataca. A maior parte da velada foi amenizada polo grupo de gaitas Achicoria.
O evento invitou aos achegados a desfrutar dunha cata de viño, patacas e tortillas, éstas últimas foran participantes do concurso de cociña que estaba previsto para a xornada. Tamén se realizaron unha serie de competicións encadradas dentro da categoría da pataca máis grande, a máis rara, conxunto de produtos de outono e produtos de outono individuais. Polo momento estaban a destacar unhas cabazas de máis de 40 kilos de peso, remolachas de 15 kilos, e cogomelos e cebolas máis grandes que o puño dunha man adulta. Tamén se incluíu un concurso de manulidades para os cativos. Os resultados de tódalas competicións serán anunciados sobre as 18:00 horas da tarde.
No recinto houbo unha exhibición de variedades da semente da pataca, de maquinaria agrícola actual e tradicional, e mesmo se trouxeron ovellas, cabras e vacas. Non puideron faltar os postos de veda de patacas, mel, e de artesanía variada -coma xoias e cestos- .