NOTICIAS A LIMIA | A Festa da Pataca arranca con éxito de público e bo sabor
A degustación de pratos coa pataca como base na cea popular do sábado reuniu centos de veciñas e visitantes no espazo anexo á praza do Toural, en Vilar de Barrio, durante a xornada do sábado da 43 edición da Festa da Pataca. Antes, as charlas dun experto en solos da Universidade de Vigo, o investigador e ex deputado David Fernández Calviño, e dun produtor en ecolóxico chegado da Terra Cha lucense, abriron un espazo de divulgación científica e técnica nunha feira que intenta ampliar os seus ámbitos. Pola noite, o público gozou co espectáculo de humor de Sergio Pazos e dunha verbena.
A Festa da Pataca arrancou na tarde do sábado en Vilar de Barrio con éxito de público (xente chegada de toda A Limia e mesmo comarcas veciñas) e o bo sabor dos ovos con pan e patacas.
FOTOGRAFÍAS: IVÁN IGLESIAS.