🚜 ALIMAGRO | A "xugada" de vacas déixase ver no último dÃa de Alimagro
04 de septiembre de 2022 (18:23 h.)
O último dÃa da terceira edición da Feira Alimagro estivo marcada esta mañá pola "xugada" de vacas do Anxo de Morgade, que captou a atención de moitos curiosos no Toural. Ademais, as vacas levaron un carro cheo de patacas, da Limia, como non podÃa ser doutro xeito. Entre a nova maquinaria, que foi sustituÃndo no mundo agrario a tarefa feita pola "xugada", os animais avanzaron acompañados dun grupo de persoas tamén caracterizadas coma noutros tempos.
Xa dentro do pavillón deportivo, as degustacións de patacas continuaron e incluso houbo algunha degustación de cociña en directo cun guiso de pataca e tenreira da Limia. A feira botará o peche ás 21:00 horas de hoxe.