ENTROIDO DE XINZO | Apoteósico petardazo 2024 nunha Carlos Casares abarrotada
21 de enero de 2024 (07:57 h.)
Pois... Para aqueles que non crían na potencia do Entroido de Xinzo e deixaron de estar... Vexan, vexan todo o que perderon!!!! A praza Carlos Casares da capital antelá estaba ata a bandeira poucos minutos antes do inicio da conta atrás que lle daba o petardazo de saída a todo un mes de troula na principal vila da Limia.
Logo de daren as 00:00 horas, o rexedor, Amador Díaz, dirixiuse brevemente aos mileiros de asistentes para berrar un "Viva Xinzo, vivan as pantallas e viva o Entroido de Xinzo!!!".
Pois iso, que viva e se desfrute!!!!