FOTOGALERÍA | A Agrupación Musical da Limia e Mondra poñen o toque musical no terceiro día das festas
18 de julio de 2023 (11:55 h.)
O terceiro día da programación das festas de Santa Mariña de Xinzo estivo marcado polas actuacións da Agrupación Musical da Limia, que encheu a Praza Maior; e de Mondra, unha nova figura do escenario musical galego que mestura tradición cos sons máis actuais, que ofreceu un concerto para a veciñanza na Praza Carlos Casares.