FOTOGALERÍA | Así foi a animada tarde prenavideña en Xinzo
23 de diciembre de 2022 (11:04 h.)
A Praza Maior de Xinzo quedouse pequena ante a cantidade de persoas que foron deleitarse coa actuación das agrupacións musicais do Conservatorio de Música de Xinzo na tarde de onte. Acto que culminou a intensa semana de concertos con motivo do Nadal, logo das actuacións dos integrantes do Grao Elemental e do Profesional o martes e mércores, respectivamente.
Pola súa banda, na Praza Carlos Casares, os máis pequenos da localidade gozaron dos xogos instalados no espazo de ocio creado para eles nestas festas. Un espazo de divertimento que permanecerá aberto ata o vindeiro 8 de xaneiro.
Programación de actividades nestes días
Venres 23 de decembro:
- O Apalpador visita Xinzo a partir das 17:30 horas no Casco Vello.
- Concerto de Nadal da Banda de Gaitas no Auditorio ás 20:00 horas.
- Mostra de Nadal da Escola Fusión Fitness, ás 20:30 horas na Praza Maior.
Sábado 24 de decembro:
- Pai Noel visita Xinzo ás 17:00 horas, para logo instalarse na súa casiña da Praza Maior ás 19:00 horas e atender ós cativos.
Consulta toda a programación de actividades para o Nadal aquí.