FOTOGALERÍA | Unha fin de semana en 100 imaxes
Arrincamos este resumo da fin de semana na Praza da Música, onde o pasado venres tiña lugar o concerto de fin de curso onde se despediu o ano académico, e con el, a media ducia de alumnos do Conservatorio de Xinzo de Limia que superaron o grao profesional.
Ao protocolario acto de despedida asistiron o alcalde, Amador Díaz; o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez Salgado de Vedmar, e a concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Martínez Marra.
Pouco antes de que dera comezo o concerto ao aire libre, o parque do Toural e a Praza Maior acolleron unha exhibición de Capoeira.
O sábado e o domingo foi a quenda do deporte, por partida dobre e co A.B. Xinzo de baloncesto como organizador das dúas convocatorias. O II Clinic de Adestradores e a XII edición do Torneo Internacional de Minibásket "Vilas" deron unha deportiva vida ao pavillón polideportivo de Xinzo nesta fin de semana.