FOTOGALERÍA | Agardada homenaxe a Genoveva Vázquez, a parteira da Limia
26 de marzo de 2023 (11:04 h.)
A parteira Genoveva Vázquez recibiu este venres unha homenaxe póstuma, moi agardado por moitos, polo seu labor axudando ás mulleres da comarca a dar a luz durante máis de 50 anos. Na casa na que viviu, na rúa Serra de Manzaneda, xa loce unha placa na que se recoñece todo o seu traballo.
Ao acto tamén asistiron as súas fillas, xunto a outros familiares, e a súa bisneta Noelia foi a encargada de dirixirse aos presentes no acto institucional que tivo lugar na Casa do Concello. Emocionada, agradeceu este recoñecemento á súa bisavoa.