FOTOGALERÍA | Os nenos de Xinzo piden os seus últimos desexos aos Reis Magos (II)
05 de enero de 2023 (23:02 h.)
A cabalgata de Reis de Xinzo rematou coa recepción ás súas Maxestades na Praza Maior, que se ateigou de nenos e pais. Os máis pequenos conversaron con Melchor, Gaspar e Baltasar, dos que recibiron máis caramelos. Esta foi a última oportunidade que tiveron os cativos para pedir os seus agasallos, sempre e cando se portasen moi ben ao longo do ano. Pola mañá tocará madrugar para comprobar se cumpriron.
Ademais, un pouco máis lonxe de Xinzo, a Asociación Civitas Limicorum levou ós seus romanos á cabalgata de Ourense. Percorreron as súas rúas nunha gran comitiva, de centos de persoas, que acompañaba aos Reis Magos.