FOTOGALERÍA | Pontón lanza o ano electoral do BNG na Limia

A portavoz nacional e líder parlamentaria do BNG, Ana Pontón, visitou onte A Limia no arranque do ano electoral cara as municipais de maio de 2023. Pontón, que pola mañá estivo en Allariz, coñeceu as instalacións e as actividades do CDR O Viso en Lodoselo (Sarreaus), onde mantivo unha longa conversa con produtores locais e cos responsábeis do centro. Despois reuniu un cento de simpatizantes na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, onde apareceron caras novas do nacionalismo limiao, xunto ao máis veteranos e unha ampla representación orgánica co Secretario de Organización, Bieito Lobeira, á cabeza. Tamén estivo o alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez.

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.