FOTOGALERÍA | Que non pare a fin de semana en Xinzo!

Festival Coralimia na súa XIV edición. | FOTOS: Concello de Xinzo de Limia.
Agarimos da Terra, Mondariz.
Coro Aimil, de Xinzo de Limia.
I Feira do Mercado Social.

O Auditorio Ángel Cocho da Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu este sábado unha nova edición do Festival Coralimia, onde o público puido gozar dunha actuación especial a cargo de dous coros. Entre os participantes estivo o Coro Agarimos da Terra, procedente de Mondariz, que compartiu escenario co coro local Aimil de Xinzo de Limia. Ambas formacións ofreceron un repertorio variado, enchendo o auditorio de música e emoción.

Así mesmo, Xinzo de Limia celebrou a súa primeira Feira do Mercado Social, un evento que reuniu máis de 20 postos e actividades centradas na cultura e na economía solidaria. Durante toda a xornada, veciños e visitantes tiveron a oportunidade de descubrir produtos locais e comercio xusto. Pola tarde, unha cata de chocolates e o concerto de Cé Orquestra Pantasma engadiron un toque especial á feira, que destacou como un espazo de encontro e apoio á economía sostible e á comunidade local.