FOTOGALERÍA | Ramón de la Fuente Galván, un fillo máis de Xinzo
Ramón de la Fuente Galván, quen exerceu a medicina durante década na Limia e tamén participou na vida política de Xinzo, recibiu esta fin de semana a distinción de Fillo Adoptivo da vila a título póstumo. O acto, que encheu o Salón de Plenos do Concello, contou coa presenza da familia do finado e a súa filla, Gislena de la Fuente, recibiu de mans da alcaldesa, Elvira Lama, recibiu a Medalla do Concello.
Gislena de la Fuente asegurou no acto que o seu pai, que faleceu o 31 de outubro de 2021, “estaría encantado e plenamente agradecido” con esta homenaxe. A filla lembrou o amor que Ramón de la Fuente profesaba por Xinzo, xa que era “un home de pobo que disfrutaba dos paseos pola vila, gustáballe a compañía das súas xentes e da natureza. Nunca falou mal de ninguén nin puxo por diante o interese particular”.