FOTOGALERÍA | Romanos e castrexos toman o control das rúas de Xinzo (II)

Os grupos participantes da Festa do Esquecemento percorreron as rúas de Xinzo no desfile inaugural. | FOTOS: Noelia Caseiro.
Marcos Argibay, presidente da Asociación Cultural Civitas Limicorum, deu paso ao Bruxo Quiman, responsable do pregón deste ano.
O Prendido do Lume Sagrado tivo lugar na Praza Carlos Casares.
Os nenos tamén son unha parte importante do Esquecemento.
O Bruxo Queiman deu o pregón desta 23ª edición.

O multitudinario desfile inaugural castrexo-romano da Festa do Esquecemento foi unha das grandes actividades programadas para o primeiro día desta 23ª edición, que deu paso a outro destacado acto. A Praza Carlos Casares acolleu, pasada a media noite, o Prendido do Lume Sagrado e o posterior pregón da festa que, nesta ocasión, estivo a cargo do Bruxo Queiman.

Este sábado continuarán as actividades e o Bruxo Queiman ofrecerá o seu espectáculo Queiman Folki na Praza de San Roque ás 23:30 horas.