FOTOGALERÍA II | O lume foi o protagonista da noite dos Límicos

FOTOS: Noelia Caseiro.
"As bruxas" encargaronse de facer a queimada popular.
"Kaltee" puxo a música nesta noite.
Rita "A muller de lume"

A representación teatral da A.C. Civitas Limicorum no Samhain dos Límicos transportou ao público ás historias e vivencias dos nosos ancestros. A actuación, chea de simbolismo e emoción, conectou o pasado co presente, cativando a tódalas idades.

O evento continuou cunha deliciosa combinación de caldo castrexo, queimada e un impresionante espectáculo de lume a cargo de Rita, "a muller de lume", que pechou a noite con maxia e tradición, deixando unha experiencia inesquecible.