FOTOGALERÍA | Tarde máxica nas rúas de Xinzo para recibir aos Reis Magos (I)
A cabalgata de Reis de Xinzo encheu as rúas de maxia grazas á ledicia dos máis cativos, que agardaron con toda a ilusión para poder ver a Melchor, Gaspar e Baltasar. Pero antes diso, a alcaldesa, Elvira Lama, deulles a benvida na Casa Consistorial e cedeulles as chaves dos fogares da Limia, para que podan chegar a todos e deixar os agasallos.
O percorrido comezou na rúa Curros Enríquez, ao carón da Praza Carlos Casares, e arrincou coa música da Agupación Musical da Limia. Tras eles, unhas figuras inchables de cores, patinadores e zancudos abrían camiño para o paso da carroza de Melchor. Entre a súa e a de Baltasar, a banda de música tradicional puxo o seu toque na cabalgata ao son de gaita. Antes da chegada de Gaspar, unha charanga amenizaba o paso.
Durante toda a cabalgata, que rematou na Praza Maior, moitos nenos amosaron a súa ledicia por ver aos Reis Magos e moito máis por poder apañar algunha lambetada. Ademais diso, no camiño houbo unha parada. Os maiores da residencia Santa Mariña recibiron a visita dos Reis Magos.