FOTOGALERÍA | A veciñanza de Xinzo sae á rúa na honra da súa patroa, a Santa Mariña

A procesión da Santa Mariña comezou na igrexa vella de Xinzo.
O alcalde, Amador Díaz, encabezou a comitiva cos concelleiros Ángeles Martínez, Carlos Gómez, Ricardo Sieiro, Cristina Campero e o tenente de alcalde, Antonio Fernández.
A Banda de Gaitas de Xinzo estivo presente na procesión.
O novo goberno local asistiu a este acto das festas de Santa Mariña.
A portavoz dos PSdeG-PSOE de Xinzo, Elvira Lama, e o concelleiro socialista Carlos López tampouco faltaron.
Ángeles Martínez, Amador Díaz, Antonio Fernández, Carlos Gómez, Ricardo Sieiro e Cristina Campero representaron ao Concello.
A Agrupación Musical da Limia tamén formou parte da comitiva.
Tamén houbo música en directo na Praza Maior.
Os cabezudos e xigantes tomaron de novo as rúas.
Os nenos coñeceron de preto aos cabezudos.
Os xigantes e cabezudos de Xinzo.

Este martes, Xinzo festexa o día grande das súas frestas de Santa Mariña. Esta mañá, a veciñanza saíu á rúa para participar na procesión que tivo lugar dende a igrexa vella ata a nova, percorrendo as rúas do casco vello da vila, e así honrar á súa patroa.

O novo Goberno municipal, encabezado polo alcalde, Amador Díaz, non faltou a esta cita. Tamén estiveron presentes o tenente de alcalde, Antonio Fernández; e os concelleiros Carlos Gómez, Ángeles Martínez, Ricardo Sieiro e Cristina Campero.

A Banda de Gaitas de Xinzo e a Agrupación Musical da Limia acompañaron á comitiva coa súa música e, para rematar, os xigantes e cabezudos volveron roldar polas rúas da vila.