FOTOGALERÍA | As olas, preparadas para voar este domingo polo ceo limiao
Chegadas dende Niñodaguia, as olas xa agardan polo día no que serán protagonistas do Entroido. Este domingo voarán polos aires na Praza Maior e nas rúas do casco vello de Xinzo, para vivir unha das grandes citas desta festa. Dende hoxe ata o domingo quedarán gardadas a bo recaudo no Museo Galego do Entroido, de onde partirán para que os xogos den comezo.
A xornada do domingo iniciarase ás 12:00 horas coa saída do carro das olas hacia a Praza Maior, onde os nenos desfrutarán do Oleiro Infantil ás 13:00 horas. Pola tarde, será o turno dos máis maiores que porán a proba as súas habilidades. O carro arrancará o seu camiño ás 16:30 horas para que o xogo comece ás 17:00 horas.
Importante para este día, ir vestido ao estilo da primeira metade do século XX. Esta petición tamén se traslada ao sábado, cando se fará o Colgamento do Meco "entre lusco e fusco". Os fachóns tamén están preparados para arder e alumear a noite limiá, acompañando ao Meco que presidirá o Entroido de Xinzo ata o seu remate.